Riboswitch

Representación tridimensional do riboswitch da lisina.

En bioloxía molecular, un riboswitch (ribointerruptor) é unha parte dunha molécula de ARNm que pode unirse directamente a unha pequena molécula diana, de modo que dita unión afecta á actividade do xene afín, polo que é unha forma de regulación xénica.[1][2][3][4] Un ARNm que conteña un riboswitch está implicado directamente na regulación da súa propia actividade, en resposta ás concentracións da súa molécula diana. O descubrimento de que os organismos modernos utilizan o ARN para unirse a pequenas moléculas, e discriminan entre análogos moi similares, ampliou significativamente as capacidades naturais coñecidas do ARN alén da súa capacidade de codificar proteínas ou unirse a outros ARN ou proteínas.

A definición orixinal do termo "riboswitch" especificaba que detectaban directamente a concentración de pequenos metabolitos.[5] Aínda que esta definición continúa a ser de uso común, algúns biólogos teñen utilizado unha definición máis ampla que inclúe outros ARNs cis-regulatorios. Porén, este artigo tratará só dos riboswitches que se unen a metabolitos.

A maioría dos riboswitches coñecidos aparecen nas bacterias, pero descubríronse riboswitches funcionais dun determinado tipo (o riboswitch TPP) en plantas e certos fungos. A existencia de riboswitches TPP foi predita tamén nas arqueas,[6] pero non se comprobou experimentalmente.

  1. Nudler E, Mironov AS (2004). "The riboswitch control of bacterial metabolism". Trends Biochem Sci 29 (1): 11–7. PMID 14729327. doi:10.1016/j.tibs.2003.11.004. 
  2. Tucker BJ, Breaker RR (2005). "Riboswitches as versatile gene control elements". Curr Opin Struct Biol 15 (3): 342–8. PMID 15919195. doi:10.1016/j.sbi.2005.05.003. 
  3. Vitreschak AG, Rodionov DA, Mironov AA, Gelfand MS (2004). "Riboswitches: the oldest mechanism for the regulation of gene expression?". Trends Genet 20 (1): 44–50. PMID 14698618. doi:10.1016/j.tig.2003.11.008. 
  4. Batey RT (2006). "Structures of regulatory elements in mRNAs". Curr Opin Struct Biol 16 (3): 299–306. PMID 16707260. doi:10.1016/j.sbi.2006.05.001. 
  5. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid12323379
  6. Sudarsan N, Barrick JE, Breaker RR (2003). "Metabolite-binding RNA domains are present in the genes of eukaryotes". RNA 9 (6): 644–7. PMC 1370431. PMID 12756322. doi:10.1261/rna.5090103. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search